Saturday 18 de May de 2024

O alumnado do CPI Ponte Carreira participaron nunhas charlas sobre educación sexual


Alumnos e alumnas do CPI Ponte Carreira participan nunha serie de charlas sobre educación sexual, organizadas en virtude do acordo de colaboración que mantén o Concello de Frades co centro escolar para colaborar nunha mellor formación do alumnado. Un acordo que permitirá a realización de diversas actividades para todas as idades ata finais de curso: xornadas de educación sexual, habilidades sociais, hixiene e alimentación.

As charlas de educación sexual están dirixidas a rapaces e rapazas de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO do CPI Ponte Carreira, que analizan diversos temas como: anatomía e fisioloxía, anticonceptivos, enfermidades de transmisión sexual, ciclo menstrual, autocoidado e hixiene…